11 de maio de 2016

Letras Galegas 2016


Como todos os anos, este 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, neste caso dedicado ao coñecido como Poeta da Terra Chá, Manuel María.
Aquí tedes unhs serie de enlaces nos que poderedes acceder a unha completa información sobre a vida e obra do homenaxeado.

Pero primeiro vemos este vídeo



Nestoutro enlace tedes acceso ao pdf que deberedes descargar e ir realizando as tarefas que nel se vos propoñen.
Realizadas as tarefas anteriores, agora como remate preme aquí e realiza a actividade proposta.

14 de set. de 2015

Curso 2015-16



Iniciamos un novo curso no que empregaremos como ferramenta de traballo este blog: http://seraporlingua.blogspot.com.es/
No teu ordenador de clase debes eliminar o marcador ao blog do ano pasado e marcar este. 
Xa sabes como se fai.
Ao mesmo tempo, lembra que a conta de correo que ides empregar para enviar actividades e traballos de galego é: carricobarmesto@gmail.com 

Lembra que se tes conta de correo en google será a que empregues este curso.
Se non a tes terás que abrila.


15 de set. de 2014

Usamos o correo na clase de Galego

Para usar o correo na aula de galego debemos respectar estas normas:
a) En "para" indicar a conta á quen lla envías.
b) En "asunto" deberemos poñer o que o profesor indique previamente.
c) Na caixa da mensaxe deberemos escribir o que segue, tal e como aparece:
Ola:
Mándoche este arquivo.
Un saúdo
d) Achegar o arquivo que tedes que enviar
e) Enviar a mensaxe